miércoles, 6 de junio de 2012

O software libre



O termo software libre "free software" en inglés, non indica que este software sexa gratuito senón que se refire a liberdade dos usuarios, para poder usar modificar e compartir dito software.





As condicións para que o software sexa libre son:
- Que o software se poda usar con calqueira proposito tanto persoal coma empresarial.
- Ter acceso ao código fonte para poder modificar o programa
- Ter liberdade para poder distribuir as copias que se queiran sen que sexa delito, e podelas distribuir como se queira
- A liberdade de poder modificar para mellorar o software e distribuilo a outras persoas.

 Tamén se poden atopar outros tipos de software con caracteristicas diferentes coma os de código aberto ( no que se pode acceder ao código fonte), o privativo (para poder usalo necesitas autorización), de dominio público (todas as persoas teñen dereito a usalo e modificalo), comercial (empregano os negocios e pretenden obter un beneficio do seu uso).

Polo tanto, o software libre non ten que ver co prezo que che custa senón ca liberdade que tes de usalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario